As nosas Atlántidas: mapa da Galiza asolagada A xeografía galega dispón de recunchos case sempre invisíbeis, navegados por barcos de pedra, delatados polas súas badaladas, que nos aproximan do Alén e nos irmanan cos outros países celtas. Son as cidades lendarias, a maioría asolagadas, tan presentes na nosa mitoloxía. Desde MAOS contruímos este mapa coa vontade de axudar a divulgar a que consideramos unha das nosas tradicións máis fermosas e parte fundamental do noso patrimonio inmaterial. * As localizacións no mapa son, na maioría dos casos, aproximacións. ** Achas en falta a túa cidade? Encontraches algún erro no mapa? Podes comunicarte con nós a través do correo mitoloxia@maos.gal *** Bibliografía e webgrafía básicas para profundar na temática: - -BALBOA SALGADO, Antonio: As cidades asolagadas : as augas e o alén en Galicia, Keltia (Toxosoutos), Noia, 2006. - -CUBA, Xoán R., Xosé MIRANDA e Antonio REIGOSA: Dicionario dos seres míticos galegos, Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 1999. - -VAQUEIRO, Vítor: Mitoloxía de Galiza. Lendas, tradicións, maxias, santos e milagres, Ed. Galaxia, - -Galicia encantada [https://galiciaencantada.com/], a cargo de Antonio Reigosa. 1 1 As nosas Atlántidas: mapa da Galiza asolagada 1 1 Alcaián / Braña Rubia, Coristanco “Un día foi pedir limosna noso señor e máis San Xoán a un pueblo e non lle deron limosna e encirránronlle os cans. Daquela noso señor díxolle a San Xoán: “ Nesta vila anoitecerá pero non amanecerá”. E así foi. No Campelo déronlle limosna e por iso non se afundiu. Por San Xoán decían que se oían cantar os galos e que tendían roupa. Agora é unha lagoa”. (Información extraída de https://ventevindo.wordpress.com/2017/12/08/recollemos-lendas-2/). maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -8.737934,43.159996 Antioquía, Lagoa de Antela Antioquía é unha cidade lendaria que o rei Antíoco fundou onda Xinzo de Limia. Esta cidade foi castigada por Deus polos seus pecados e quedou asolagada baixo a lagoa de Antela e só pode verse nas mañás do día de San Xoán, cando asoma sobre as augas a punta da torre. maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -7.673415,42.124371 Bandomil / Trastomil, Vilalba "Cidade afundida na parroquia de Santaballa, en Vilalba, tamén chamada Trastomil. Uns din que afondou por causa dun movemento de terras, outros por efecto dun encanto." (Información extraída de Cuba Rodríguez, Xoán Ramiro; Miranda Ruíz, Xosé: "Dicionario dos seres míticos galegos", Xerais, 1999) maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -7.718894,43.328292 Boedo, Guitiriz A lenda di que a Sagrada Familia pasaba polo lugar e pediron xantar sen que ningúen os valese, até que chegaron á casa máis probe, onde lles dixeron que nin para eles tiñan. A Virxe pediulle á dona que fixese unha bola coa cinza da lareira e que a metese no forno. Cando a sacou do forno a Virxe dixolle: "É tan certo que isto é bola cocida de pan trigo como que a cidade de Boedo ficará anegada de contado". É así foi como aconteceu. maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -7.917101,43.166924 Brandomil, Zas "A antiga cidade de Brandomil foi asolagada pola auga que saíu do Pozo Limideiro. Isto asimílaa a Is, cidade bretoa asolagada polas augas dun pozo". (Información extraída de Cuba Rodríguez, Xoán Ramiro; Miranda Ruíz, Xosé: "Dicionario dos seres míticos galegos", Xerais, 1999) Vídeo da Fundación Brandomil, dirixido por Manuel Rial: {iframe src="https://www.youtube.com/embed/-hiYczl74yo"} maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -8.922342,43.008694 Brañas de Sada "Mais sobre todo cómpre chama-la atención verbo da existencia dunha entrada ó Outro Mundo nunha cova de Fontán, dun monte en Riobao no que se celebraban aquelarres e dunha misteriosa cidade que por mor dun diluvio quedou asolagada por baixo das augas das Brañas." (Dans, Manuel: "Un repaso á Sada lendaria", revista A Xanela, Outono 2017.) maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -8.258806,43.348329 Brea, Cova do Rei Cintolo, Mondoñedo "Onde agora está a Cova do Rei Cintolo, en Supena de Argomoso, Mondoñedo, houbo noutrora, cando os animais falaban, unha cidade chamada Brea. A cidade semellaba un castelo empoleirado, as vivendas e todos os demais edificios íanse superpoñendo en sucesivos andares ata o curuto onde, nunha torre esvelta e esverdecente, vivían el-Rei Cintolo e a súa filla, a princesa Manfada. " [Texto extraído de https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=37&id=1840] maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -7.368510,43.395243 Cabo Burela Dise que noutros tempos houbo onde chaman Cabo Burela unha pequena vila de mariñeiros. Mais, sen que se coñezan os motivos, Deus fixo desaparecer ese lugar asolagándoo. Non quedou nada; nin xente, nin casas. Moito tempo despois, no mesmo lugar, construíse outra vila, a actual Burela, ocupada por xentes que tamén se dedicaron á pesca e a outras moitas cousas. [Texto extraído de: https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=25&id=2523] maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -7.355995,43.670523 Capara / Alcaparra dos Ancares "O pozo de Ferreira está na aba do Cuíña, un dos picos da Serra dos Ancares. Era un matrimonio moi rico que vivía nunha cidade chamada Capara* e tiña unha filla á que estexaban dous rapaces. A nai da rapaza quería que casase co rico mentres que a moza prefería ó máis pobre. O pai da moza para solucionar as diferencias propúxolles ós dous pretendentes que aquel que antes rematase de levar unha presa dende o pozo de Ferreira á cidade de Alcaparra quedaría coa filla. Esta é a razón que explica que haxa dúas presas en paralelo que saen do mesmo pozo. Postos á obra o que chegou antes coa cal de auga á cidade foi o pobre pero a nai da rapaza non lla quixo dar en matrimonio. Pasou pouco tempo, veu unha tronada que asulagou Capara e desapareceu. Por iso quedou o dito: "A cidade de Capara asulagouse por home bon e muller mala"" (Información extraída de http://ancares-terracelta.blogspot.com/2010/10/lendas-dos-ancares-una-cidade-nos.html). maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -6.834092,42.844456 Carnota "Nunha lagoa xunto a praia, en Santa Columba, hai unha cidade asolagada." (Información extraída de Cuba Rodríguez, Xoán Ramiro; Miranda Ruíz, Xosé: “Dicionario dos seres míticos galegos”, Xerais, 1999) maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -9.104845,42.838970 Doniños / Valverde, Lagoa de Doniños, Ferrol "Antre os outeiros de Brión e Belón, no concello de Serantes, disque en tempos moi recuados había unha pequena vila chamada Doniños, e que os moradores dela eran todos xentís, senon dous, home e muller, que tiñan a sua homilde choupana un pouco arredada dos mais, nun dos cotarelos próisimos. E cando Noso Señor andaba pol-o mundo, certo día chegóu por alí e pedíu casa coberta onde lle parescéu que había mais abastanza, e se lle querían facel-a caridade de lle dar unha cunquiña de caldo. Mas, o dono da caas, chamándolle vagaceiro e moinante, respondeulle dicindo que procurara traballo se quería ter direito á mantenza, e que alí non tiña nada que facer e mellor era que seguira seu vieiro. Tentóu el Señor petar noutras portas, e, pouco mais menos, sempre lle daban a mesma resposta se o non trataban pior. Resinado proseguíu o seu camiño, ata que chegóu á casoupa dos dous cristás. — Pase, señor, pase — dixéronlle alí agarimosamente — e darémoslle da nosa probeza coma irmáns que somos. Comeu el Señor na compaña d'aquelas boas xentes, e despois deitouse ribas d'unhas pallas á carón do borrallo da lareira, e adormecéu. Tamén os caseteiros fóronse ao seu cocho; mas, cando o día seguinte acordaron, viron que o pelengrino da noite tiña disparecido. — Diol-o guíe — dixo o home — poida que marchara moi cedo e non quixo nos noxare mais. Pouco despois d'esto, Román, o caseteiro, puxo os bois ao carro e foise camiño da vila pra vender unha cárrega de leña. Mas, cando xa ía entrar pol-a rua adiante, ouvíu berros pedindo acorro, e recoñecendo a voz da sua muller ollóu para atrás e víu que dous solda- dos ían após d'ela, que fuxía espavorida. Román deixóu o carro e corréu para lle valer á sua muller, que sen o ver, tercéu o ca'miño e voltaba monte arriba sempre abourada por aqueles soldados. O home apresóu inda mais a carreira, e cando xa ía dándolle alcanzo, eles decatáronse da sua chegada e colleron outro vieiro fuxindo á sua vez. Román seguíu daquela trás da sua muller sen lograr pillada, ata que chegóu á sua casa, quedando ademirado ao ver que a sua dona estaba aso- mada á fenestra, leda e sorridente. — ¿Qué foi o que che acontecéu? — demandoulle. Mas, inda ben non eran ditas estas verbas, cando ouviron un grande estrondo e o gurgullar das augas co'ma se o mar se deborcara riba da terra. Os berros de pavura estarrecían, e cheos de medo, home e muller dende o limiar da sua choupana, albiscaron na lonxedade como a vila de Doniños mergullábase nunha grande enxurrada que, sen saber como, alí mesmo á carón tiña xurdido d'entremeio dos penedos. E é alí onde hoxe eisiste aínda a lagoa de Doniños. Disque foi un castigo do Ceo para aqueles xentís despiadosos con el Señor." (Carré Alvarellos, Leandro: Lendas Tradizonaes Galegas. Museu de Etnografia do Porto, Porto) maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -8.313014,43.491614 Duio / Dugium, Fisterra "Da época romana e mesturados con obxectos anteriores a ela descubríronse nas parroquias de Duio innumerables restos que testemuñaban a existencia dunha poboación importante. A tribo celta dos nerios habitaba nestas terras e pode ser que nesa zona chá de Duio tivese o seu principal asentamento. Da época sueva coñécese o detalle dun castigo infrinxido polo rei Reckila á cidade de Dugium, Duio na denominación medieval, por destruír os seus habitantes os templos celtas e arriáns. Foi unha cidade cosmopolita cun gran porto ao servizo dunha actividade comercial intensa, gobernada pola raíña Lupa, que xogou un importante e decisivo papel no emprazamento da tumba do Apóstolo Santiago ao negarse a darlle sepultura nas súas terras. Dela consérvanse numerosas e importantes achados de ferramentas, cerámica, etc., resultado de escavacións realizadas no lugar do suposto emprazamento desta cidade." [Información tirada de: http://www.concellofisterra.com/turismo/info_lendas/gl/46] maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -9.275470,42.908022 Eimil, Gondaísque, Vilalba "En días de moito sol aínda poden verse nunha poza as torres do campanario da igrexa somerxida. Contaban que ao amencer saía unha galiña con pitos nunha fonte grande que hai alí; nunha fonte que nunca seca." [Extraído de https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=50&id=101] maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -7.718526,43.304294 Estabañón / Lebañón, Viveiro "Con respecto á lagoa de Estabañón ou Lebañón, preto de Viveiro, narra a chegada de Santiago nun barco de vela tras unha forte treboada, suplicándolle amparo a un zapateiro da poboación que, segundo a tradición, enfurecido botoulle un zapato ao rostro. O Apóstolo retirouse ao monte Faro encima da vila, desde onde lle botou a súa maldición: “Arrevírate vila, co debaixo pra riba”. Cando a mar oíu a imprecación, as augas sepultaron a vila maldita, oíndose desde entón o melancólico tanxido das campás, procedente da cidade anegada." (Información extraída de https://mesondoforno.com/as-cidades-asolagadas-de-galicia/) maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -7.580068,43.692283 Feal Grande, Montoxo, Cedeira "En Candais, Montoxo, concello de Cedeira (A Coruña) hai un pozo chamado Pozo do Feal nunha chaira lamacenta, rodeada de altos picos e moitas mámoas. Se cadra o pozo desbordou e foi o causante do asulagamento dunha cidade que alí había." (Información extraída de https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=25&id=862). maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -7.956311,43.650806 Ferreira, San Xoán de Ferreiros, Barcala "A cidade asolagada de Ferreira está en San Xoán de Ferreiros, en Barcala, nunha lagoa." (Información extraída de Cuba Rodríguez, Xoán Ramiro; Miranda Ruíz, Xosé: "Dicionario dos seres míticos galegos", Xerais, 1999) maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -8.817443,42.974751 Figueira / Vilaverde / Valverde, Muxía "FIGUEIRA.- Cidade baixo o mar en Muxía, ó pé do Corpiño de Chorente. Tamén chamada Vilaverde ou Valverde." (Información extraída de http://mitoloxiagalega.blogspot.com/2017/03/cidades-asolagadas-antioquia.html). maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -9.192812,43.093273 Figueiredo, Ares "Figueiredo é o nome dunha cidade asolagada na parroquia de Cervás, concello de Ares (A Coruña). A cidade cadraba preto da Cova dos Mouros e do barranco de Vermieiras, case na beiramar. Aínda se ven as figueiras que rodeaban a cidade, e seica se atoparon cachos de louza “das potas e dos pratos dos antigos da desaparecida cidade”. No barranco de Vermieiras, por certo, non se deberan tirar pedras como fan algúns, pois poden ferir a un neno encantado que mora no seu interior." [Información extraída de: Piñeiro de San Miguel, Esperanza e Andrés Gómez Blanco. De lenda en lenda. Camiños máxicos polo noroeste de Galicia. Santiago de Compostela: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Dirección Xeral de Política Lingüistica, 1999.] maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -8.277758,43.434877 Gaifar, Panxón "Gaifar está en Panxón, no concello de Nigrán (Pontevedra). Houbo un tempo, ben lonxano por certo, no que había un portiño na beira do mar. Os habitantes decidiron chamalo Caifás e ese nome lle quedou. Co tempo, apareceu Xesús Cristo resucitado pola vila e esixíu o cambio dese nome de tan mala lembranza para el. Mais a xente repúxose e dixeron que era o nome da súa aldea dende sempre e que non querían cambialo. En vista de que os aldeáns teimaban con manter o nome, Xesús Cristo deulles un ultimatum: —Ou lle trocades o nome, ou a vosa viliña desparecerá mañá cuberta pola area. A xente elixiu seguir chamándolle á súa aldea co mesmo nome de sempre e ao día seguinte, a aldea desapareceu debaixo dunha duna de area traída por unha onda xigante. Os sobrevivintes tiveron que marchar daquel lugar e construíron novas casa un pouco alonxados da duna. Co tempo, a aldea medrou e chegou ata a duna que a xente rebautizou co nome de Gaifar esquecendo o vello nome que tantos problemas lles dera. [Texto elaborado a partir da información facilitada por Pedro Salgueiro Sexto, O Porriño (Pontevedra), a quen lla contou un pescador de Gaifar quen a escoitara, á súa vez, da súa nai]" (Información extraída de https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=25&id=457). maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -8.821945,42.130239 Illa de San Bartolomeu, Noia "San Bartolomé na Barquiña; esta última foi asolagada e só asoma de vez en cando con mareas vivas e Lua cheia. Conta a lenda que os seus moradores seguiron vivindo baixo á auga e alimentandose de berberechos." (Información extraída de https://themurostimes.com/2015/02/24/a-lenda-da-creba/). maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -8.898907,42.800195 Lagoa de Louro / Xarfas / Xalfas, Muros "Nesa lagoa de Muros hai unha cidade asolagada, ou mellor, enterrada baixo a auga e as areas. As areas movedizas tragan as persoas que se adentran nela, facendo así que vaian acompañar os habitantes da cidade". (Información extraída de Cuba Rodríguez, Xoán Ramiro; Miranda Ruíz, Xosé: “Dicionario dos seres míticos galegos”, Xerais, 1999 e de https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=4&id=1126) maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -9.091422,42.754733 Lucerna, Pantín "Na lagoa da Rega, ao ladiño da praia do Rodo, en Marnela, Pantín, Valdoviño (A Coruña) está asolagada a noutrora próspera cidade de Lucerna. Disque Marnela vén de “mar + nela”, o que explicaría como foi o de quedar a cidade baixo as augas. Seica se atoparon tellas e as campás da que fora igrexa principal de Lucerna." (Información extraída de https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=4&id=863). maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -8.117384,43.635910 Orzán, A Coruña "Na enseada do Orzán está asolagada unha antiga cidade. Aínda se poden ver ás veces as rúas, prazas, edificios, as cruces e as torres das igrexas, e tamén se oen as campás. A Coruña foi, indubidablemente, un dos cabos do mundo, lugar de embarque das ánimas cara ao Alén. É máis que posible que A Coruña fose a cidade de Coro ou Crono, deus dos Infernos, por outro nome Xerión. Se cadra, aínda se trata da vermella Eritia. Non se esqueza que A Coruña foi unha illa. Orzán parece provir de Orco." (Información extraída de Cuba Rodríguez, Xoán Ramiro; Miranda Ruíz, Xosé: “Dicionario dos seres míticos galegos”, Xerais, 1999) maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -8.406833,43.372086 Pena das Ánimas, A Coruña "Á entrada da ría da Coruña hai unha cidade asolagada, xunta á Pena das Ánimas, nome tremendamente evocativo. Óense as campás da igrexa e vense as rúas e os edificios en días apropiados. A Coruña foi lugar de embarque das ánimas para o alén. As cidades asolagadas son as cidades dos mortos." (Información extraída de Cuba Rodríguez, Xoán Ramiro; Miranda Ruíz, Xosé: “Dicionario dos seres míticos galegos”, Xerais, 1999) maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -8.386446,43.372404 Petronia / Duio, Fisterra Cidade asolagada na parroquia de San Martiño de Duio, no lugar de Lagosteira, en Fisterra. Hai quen pensa que pode ser Duio, que será, logo, unha cidade asolagada ambulante, e pode ser. Nela sobrevive unha serea. (Información extraída de Cuba Rodríguez, Xoán Ramiro; Miranda Ruíz, Xosé: “Dicionario dos seres míticos galegos”, Xerais, 1999) maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -9.263258,42.919074 Pontedeume "Moi antigamente, na desembocadura do Eume, na aba do monte de Breamo, os nosos devanceiros construíran un poboado que medraba en riqueza cada día por mor da súa vizosa agricultura, a próspera gandaría, a abondosa pesca das rías veciñas e mais o puxante comercio que chegaba polo golfo Ártabro." (...) "Un día chegaron á antiga e próspera vila tres fermosas donas transparentes, ou talvez fosen ben lamias ben mouras, de cabelos louros que peiteaban con tres valiosos e máxicos peites de ouro e que enfeitizaron a moitos homes do lugar. Eran seres sobrenaturais, que lles facían as beiras cos seus encantamentos aos mozos máis garridos da vila. As tres donas transparentes só mostraban a súa fermosura despois do solpor e os homes acudían ao seu palacio, noite tras noite, onde se celebraban verdadeiras orxías e bacanais. As liortas eran constantes entre eles e a prosperidade da vila estaba xa en perigo porque a festa permanente é inimiga do traballo e da defensa da cidade. Os membros do Consello de Anciáns estaban seriamente preocupados e, despois de falaren co druída, que lles dixo que eran fadas encantadas que non traerían máis que discordia e destrución, decidiron deixar o asunto nas súas mans. O druída mandou que xuntasen a xente ao abeiro dos castros e que permanecesen alí durante tres días. Logo subiu ao cumio do Breamo, onde levantaran o monumento de pedra á divindade e deu tres voltas arredor del mentres botaba un esconxuro. Pouco despois, refuxiouse tamén nun castro e decontado comezou a chover, como se di en Galicia “a Deus dar auga”, ou en Pontedeume, “como o día de san Nicolás”, e non parou ata que pasaron tres días. A cidade quedou asolagada e os mozos que non fixeron caso da advertencia do Consello de Anciáns morreron afogados, pero salvaron a alma porque lle fixeron fronte ao mar coas súas espadas, xa que para os celtas, empuñar as armas fronte ao mar era un xeito de atopar unha morte honorable que aseguraría o tránsito da alma cara ao Alén, polo que foron enterrados en lugar sagrado. Só salvaron a vida os que se goreceron nos castros coas súas familias." [Texto extraído de: https://josefonte.jrdweb.es/libro/o-asolagamento-da-vila-de-pontedeume-e-donas-transparentes] maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -8.176503,43.411816 Portonovo de Valverde "Deus ía percorrendo o mundo e un día que viña polo camiño de S. Andrés cara a Xuvia chegou á cidade de Portonovo de Valverde, cidade ao oriente dun río moi grande e como tiña os pés desfeitos de tanto camiñar pediulle ao zapateiro da cidade que lle dera uns zapatos vellos. Negouse o zapateiro a darllos inda que fose Deus. Deus insistiu e porfiou para que o zapateiro llos dese; o zapateiro colleu un zapato e dicindo NON! fendeulle a Deus un ollo. Entón Deus botou unha maldición ao pobo e asulagouno nunha lagoa. Cando nas noites de lúa chea ou días moi claros o rego baixa pequeno e coa auga limpa pódese ver no seu fondo a torre do campanario da igrexa da cidade. Un día uns liaron unha vara ao fondo e puideron escoitar o son de campá. O río de Portonovo asulagouse coa cidade e pasa por debaixo da terra saíndo á praia de Pantín. Pódese ver o sitio exacto por onde sae o río porque o caudal de auga doce que vai saír ao mar é tan grande que se ve a marca que deixa ao chocar coa auga salgada". [Texto extraído de https://es.calameo.com/read/00129295721f019b38024 ] maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -8.120525,43.558448 Reirís / Valverde / Malverde / Bretal / Sirves, Carregal, Corrubedo "Un rei mouro estranxeiro pretendía á filla do rei de Reirís, que era boa e servicial; pero ela non o quería. Tampouco o quería o seu pai, porque era escuro e meigo. Entón o rei mouro vingouse provocando un cataclismo que asolagou para sempre a cidade, pero el levou un castigo e quedou convertido no Boi Bruón. Contan que a princesa sobreviviu como serea e pode escoitarse a súa voz nalgunhas ocasións. Outros din que o Boi brúa algunhas noites." (Cuba Rodríguez, Xoán Ramiro; Miranda Ruíz, Xosé: “Dicionario dos seres míticos galegos”, Xerais, 1999) maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -9.044157,42.571757 Roma / Lucerna / Estambón, Carucedo "Roma era unha cidade cun templo de altas agullas e un pazo de mármore no que moraba o rei coa raíña e a princesa. Debeu escasear a auga tanto que o rei ofreceulle por esposa a súa filla a quen lle trouxese auga ata a cidade. Ninguén se atrevía a buscala. Só tres irmáns ousaron intentalo. Dous, con bo sentido, seguiron contra corrente o curso do río Cabreira e chegaron ás fontes. E comezaron a cavar cadansúa canle e viñeron cara á cidade por onde chaman os Aquilianos. Estas canles están hoxe á vista e pasan por ser as que fixeron os romanos para levar auga ás minas. O terceiro irmań era coxo e fixo xusto ao revés. Comezou a vacar ás portas do pazo do rei cara á montaña e cando tropezou cos regos dos irmáns, a auga correu lixeira ata o centro da cidade. En xustiza, considerouse gañador ao coxo, porque seu era o rego que levou a auga desexada. Pero a filla do rei non o quixo e maldiciu a súa sorte: - Antes Roma alagada que cun coxo ser casada! A terra rompeu e aquela auga mansa fíxose dona dela. Pouco a pouco a Roma de Carucedo quedou baixo as augas e seica, en día impreciso unha vez ao ano e só un intre, unha sombra do templo fai lembranza do suceso." (Información extraída de Cuba Rodríguez, Xoán Ramiro; Miranda Ruíz, Xosé: “Dicionario dos seres míticos galegos”, Xerais, 1999) maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -6.783193,42.489346 San Martiño do Lago, Maside "Os vellos dicían que unha vez estaban unhas mulleres cocendo no forno, e chegou outra muller (elas descoñecían que era a Virxen) pidíndolles pan, e dixéronlle que esperara un pouco, que lle iban facer un corrolo. Pero elas, por marrás e pra aforrar, fixeron o corrolo de farelo e como lles medrara moito amargoulles dalo. Entón trataron de facer outro e tamén lles pasou igual, tampouco non llo diron, e a muller marchouse. Ó pasar esta por un monte, encontrouse con unha rapaza que andaba coidando as ovellas, e traía unha cadeliña consigo, a muller pediulle un anaquiño de pan do que estaba comendo; entón a rapaza diulle todo, pero a muller non o quería, e lle dixo que sólo un anaquiño. A rapaza díxolle que ela xa comería máis ó chegar á casa, que estaba no pueblo que habían onde está ahora o lago. A muller, despois de coller o anaco, de cara a este pueblo, dixo, maldecindo: "Lago te sulago co d'arriba para abajo, que quede esta rapaciña con esta cadeliña", o pueblo sulagouse. O día de San Juan, ás 12 do día polo sol, síntese aun tocar as campanas e cantar os capós." (Información extraída de: Balboa Salgado, Antonio: As cidades asolagadas. As augas e o Alén en Galicia, Editorial Toxosoutos, 2006). maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -8.039742,42.406237 Teixidelo, Cedeira "Na aldea de Teixidelo , que pertence á parroquia de Régoa e ó concello de Cedeira , está viva na tradición oral a existencia dunha cidade asolagada . Está mesmo a carón de Teixido e moi pretiño dun lugar chamado Pozo do Inferno." (Información extraída de Cuba Rodríguez, Xoán Ramiro; Miranda Ruíz, Xosé: “Dicionario dos seres míticos galegos”, Xerais, 1999) maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -7.980880,43.714840 Troia, Donón, Cangas "Cidade asolagada no monte Facho en Dozón, en Cangas do Morrazo. Os moitos pecados dos seus habitantes causaron o asolagamento." (Información extraída de Cuba Rodríguez, Xoán Ramiro; Miranda Ruíz, Xosé: “Dicionario dos seres míticos galegos”, Xerais, 1999) maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -8.863217,42.277899 Troia / Valverde, Xubia, Neda "Cidade asolagada na lagoa de Roxal, en Xubia (Neda). Tamén se lle chama Valverde." (Información extraída de Cuba Rodríguez, Xoán Ramiro; Miranda Ruíz, Xosé: “Dicionario dos seres míticos galegos”, Xerais, 1999) maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -8.126824,43.499415 Valverde, As Pontes de García Rodríguez Lenda recollida polo cronista oficial das Pontes, Enrique Rivera Rouco e publicada no seu traballo “Historia de Puentes de García Rodríguez” no ano 1976. Transcrición dun extracto da lenda: "Contaban os antepasados das nosas aldeas, e tamén o falaban noutros pobos de Galicia que en tempos moi antigos houbo no val de As Pontes unha cidade que lle chamaban Ciudad de Villaverde (outros dín Valverde). Asentada na beira do lago de Carracedo, que collía a mayor parte desta veiga. Parece ser que aqueles “villegos”, se tiraron ó vicio e á perversión, e Deus castigounos afundindo de golpe toda a cidade, que se esfondou no limo do lago, e alí se afogaron todos os seus habitantes, menos unha rapaza, que saeu a nado berrando por Santa Eulalia e pedíndolle que a salvara. Era a única persoa honrada, que non se dera ó vicio, e efectivamente a santa oeu os seus clamores e salvouna. Aquela doncela, santa e agradecida, levantou unha ermita onde as xeneracións adoraron á milagrosa santa. Tamén se atoparon nas excavacións da mina a cimentación da cidade e hai a aldea de Carracedo, que leva o nome do lago. De feito, nas excavacións de carbón apareceron restos dun poboado celta, e en torno ás ruinas da Ermita de Santa Eulalia (alí situadas) aparecen tumbas paleocristianas, e tamén unha ara romana." (Información enviada por CULTUREUME, SC. Xestión Integral do Patrimonio Cultural.) maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -7.901688,43.456924 Valverde, Cedeira Cóntase que nalgún lugar indeterminado, entre a Xunqueira e o fondo da ría, había unha vila asolagada chamada Valverde, e que de cando en vez aparecían tellas das casas, e se escoitaban campás. [Recollido a través unha persoa informante veciña de Cedeira, a quen agradecemos a súa contribución.] maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -8.050665,43.665042 Valverde, Camposanto, Rioaveso, Vilalba "En Campelas, parroquia de Rioaveso, concello de Vilalba (Lugo), estaba a cidade de Valverde agora asolagada. E no que hoxe é un prado que chaman O Camposanto, estaba entón o cemiterio desa cidade." (Información extraída de: CUBA, X. R., REIGOSA, A., «Xeografía mítica da provincia de lugo (I): Cen lugares con lenda», en Croa, nº8, 1998, pp. 42-63.). (Fotografía: Jose Luis RS) maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -7.606045,43.276356 Valverde, Lagoa de Traba, Laxe Na lagoa de Traba crese submerxida a cidade de Valverde, asolagada pola man divina por culpa da súa desordenada conduta. (Información extraída de http://www.finisterrae.org/info.php?informacion=19&idioma=gl&sec=5). maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -9.045354,43.186792 Vao, Coruxo "Na praia do Vao, de Coruxo, en Vigo, hai unha cidade asolagada." (Información extraída de Cuba Rodríguez, Xoán Ramiro; Miranda Ruíz, Xosé: “Dicionario dos seres míticos galegos”, Xerais, 1999) maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -8.791998,42.198609 Veiga do Real, Abadín "O río Eume nace no Xistral, na Fonte do Xistral, e despois baixa e pasa onde o lugar do Real. Alí houbo unha vila que un día quedou asolagada. Un día que veu un trobón, un diluvio e non parou de chover ata que Veiga do Real quedou asolagada. Fíxose un pozo fondísimo, o Pozo do Real. E din que os habitantes quedaron alí, e que viven debaixo das augas. O caso é que alí aparecen unhas señoras peiteándose, uns encantos que a bo seguro eran desa vila. E tiñan un cadelo, un cerrulo pequeno que pillaba as ovellas dos que ían por alí e mándabaas ao fondo do Pozo, sería para alimentar aos habitantes, que sei eu." (Información extraída de: https://www.escriptors.cat/?q=galeusca_2007_ponencies_miranda_gal). maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -7.578439,43.421866 Veria / Beria/ Verial / Valverde, Cospeito "Unha das cidades máis citadas é a lendaria de Beria ou Veria, afundida baixo a lagoa de Cospeito (coñecida tamén cos nomes de Santa Cristina e Lamas de Goa), pertencente ao territorio habitado polos míticos baluros na Terra Chá lucense. A desaparición baixo as augas desta cidade foi recollida por Amor Meilán, interpretando que se tratou dunha poboación lacustre, xa que en tempo de seca se poden ver no fondo do lago, pedras, ladrillos, trabes e obxectos de ferro. A devandita lagoa, hoxe desecada, foi pescudada por Villaamil y Castro e Luis Monteagudo, sendo citada o ano 1550 polo Licenciado Molina como lugar de asentamento dun antigo poboado lacustre do que aínda quedaban restos e no que se oían con frecuencia fortes bruídos dun animal e o tanguer de campás." (Información extraída de Juan José Burgoa, en "II. 2010. As cidades asolagadas de Galicia". Revista de Investigación “ETNOGRAFIA”, nº2, 2010. I.S.S.N. 1989 – 8541.]) maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -7.553500,43.242254 Vila do Carme, A Lanzada "As lendas recollidas en Noalla falan de misteriosas construcións baixo o mar. Unhas contan que baixo a illa Outeiro da Lapa —fermoso promontorio que antano foi castro— existen secretas galerías e un túnel oculto que uniría este lugar da costa coa illa de Ons. Outras lendas din que dende a ermida da Lanzada —ou dende o Outeiro da Lapa— e ata a punta de San Vicente do Mar hai un muro de silvas baixo o mar que marca un camiño polo que se podía cruzar ata a península do Grove." (A cidade somerxida da Lanzada. Por Rafael Quintía Pereira) maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -8.881894,42.426755 Vilachá, San Miguel de Vilachá. Barreiros "A cidade enterrada de Vilachá o San Miguel de Vilachá, está na praia de Arealonga, entre as parroquias de Santiago e San Miguel de Reinante en Barreiros. No tempo dos mouros, esta cidade á beira do mar foi conquistada por estes, e puxeron especial inquina en pasar a coitelo ós cristiáns, polo que despois levaron un merecido castigo. Unha noite de repente embraveceuse o mar e empezou a chover a cachón; o Río da Barranca desmadrouse e o mar subiu ata enriba de todo, máis enriba ca nunca, ata que cubriu por completo Vilachá. Só se salvaron tres casas que tiñan escudo cristián e que eran as máis afastadas río enriba. Aínda pódese ver hoxe unha, que é un muíño e a última casa da aldea, a máis próxima ó mar a que tamén se lle pode ver o escudo. Vilachá esta debaixo da area." (Información extraída de Cuba Rodríguez, Xoán Ramiro; Miranda Ruíz, Xosé: “Dicionario dos seres míticos galegos”, Xerais, 1999) maphub-meta:{"marker-symbol": "house", "marker-color": "#cc1b15"} 1 -7.171397,43.556875 Igrexa en Castromaior, Abadín "Nun lugar indeterminado desta parroquia do concello de Abadín (Lugo) hai unha igrexa soterrada, e hai días que ata se deixa ver o seu campanario. O que se sabe de certo é que a igrexa e o campanario están somerxidos nunha lagoa." [Texto extraído de "Xeografía mítica da provincia de Lugo (I) Cen lugares con lenda", X. R. Cuba. Accesíbel en: https://viladonga.xunta.gal/sites/default/files/ficheros/1337850792.pdf] maphub-meta:{"marker-symbol": "church", "marker-color": "#2a4ea1"} 1 -7.538878,43.346523 Igrexa da lagoa de Rego d'Alá, O Vicedo Na parroquia de Riobarba, O Vicedo (Lugo), preto do camiño que vai desde o Chao ao Alto da Cruz da Garita, hai unha pequena lagoa coñecida como o Rego d´Alá. Din que baixo as súas augas dorme unha antiga igrexa cuxas campás deixan ouvir o seu lúgubre tanxido en determinados días do ano. Ninguén soubo dicirnos que terrible pecado provocou a ira da divindade. [Texto extraído de: https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=4&id=1530] [Máis lendas sobre o Vicedo: http://patrimoniodovicedo.blogspot.com/2011/06/lendas-do-concello-do-vicedo.html] maphub-meta:{"marker-symbol": "church", "marker-color": "#2a4ea1"} 1 -7.667875,43.676051 Igrexa de Lebesende / San Mamede de Agüela, Antas de Ulla " (...) noutro tempo había en Lebesende unha igrexa, que ahora non a hai, porque según osmáis vellos fundiuse, quedando o santo do pobo, S.Pedro, no cume da igrexa. Logo este santotrasladárono a San Mamede de Agüela. Hoxe en día aínda hai pedras con algúns dibuxos no lugar,onde se fundiu a igrexa" [Texto extraído de LENDAS SOBRE ALGÚNS SANTUARIOS DA PROVINCIA DE LUGO.AUTOR: José Manuel BLANCO PRADO.[Artigo publicado en Croa,Boletín da Asociación de Amigos do Museo do Castro deViladonga, nº 10, 2000, Depósito Legal: LU-39/2000, ISSN: 1575-0639] maphub-meta:{"marker-symbol": "church", "marker-color": "#2a4ea1"} 1 -7.892938,42.750156 Igrexa de Trollo, Pino, Cospeito "Neste lugar houbo unha igrexa. Un día había nela unha voda e o mozo ó entrar cagouse en Deus. Deus castigounos inundando a igrexa e ós que participaban na cerimonia. Hai xente do lugar que petando cunha vara distingue o oco que corresponde á porta da igrexa." [Texto extraído de "Xeografía mítica da provincia de Lugo (I) Cen lugares con lenda", X. R. Cuba. Accesíbel en: https://viladonga.xunta.gal/sites/default/files/ficheros/1337850792.pdf] maphub-meta:{"marker-symbol": "church", "marker-color": "#2a4ea1"} 1 -7.611453,43.219996